lunes, 11 de mayo de 2020

2º ESO PROPOSTA DE TRABALLO SEMANAS DO 11/05 AO 22/05



PERCUSIÓN CORPORAL: RHONE

Ola chicos/as!!!

Esta semana propoño que vos animedes a utilizar o corpo como instrumento de percusión e realizar ritmos para acompañar unha peza musical.

No video que aparece ao final da proposta vos amosan 4 ritmos diferenciados por cores e presentados nun musicograma.

Ritmo 1- AMARELO
Ritmo 2- VERDE
Ritmo 3- AZUL
Ritmo 4- VERMELLO.

O meu consello é que os practiquedes por separado, as veces que consideredes necesarias e cando os controledes intentedes acompañar a peza completa, respetando o pulso da música.

Esta tarefa vainos ocupar o traballo de dúas semanas, polo que o venres 22/05/20 teredes que compartir conmigo videos facendo a práctica.

Envialos ao correo electrónico da alula de música: 

ANIMÁDEVOS.

Preme na seguinte ligazón para acceder ao video da proposta:


No hay comentarios.:

Publicar un comentario