lunes, 30 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO DE MÚSICA 2º ESO SEMANA DO 30/03 AO 2/04


  INTERPRETACIÓN RITMO CORPORAL: BIM BUM

Practica o ritmo . Escoita e observa ao paxaro de cor azul e repite o ritmo corporal xunto co paxaro de cor vermella.  A proposta é superar as catro partes diferenciadas pola velocidade de interpretación. Ánimo.



Crear un fragmento de vídeo que teredes que enviar á dirección de correo  musicacolexioeduardopondal@gmail.com  onde demostredes os vosos avances.

Consello: baixar a resolución da cámara do móbil. Todos os documentos que se envíen deben estar nomeados da seguinte maneira: Título da actividade, nome do alumno/a e curso.

PROPOSTA DE TRABALLO DE MÚSICA 3º ESO MÉRCORES 1/04




Danza barroca “minueto”. Continuar coa creación dunha coreografía, xa que a moitos de vós é posible que non vos dera tempo a rematala. 




Grabar un archivo de vídeo co audio interpretando a danza. Envialo á dirección de correo musicacolexioeduardopondal@gmail.com  . 

Consello: baixar a resolución da cámara do móbil ou compartir os vídeos por Google Drive. Todos os documentos que se envíen deben estar nomeados da seguinte maneira: título da actividade, nome do alumno/a e curso.

martes, 24 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO DE MÚSICA 3º ESO MÉRCORES 25/03



CREACIÓN DUNHA COREOGRAFÍA: 2 SESIÓNS: DANZA BARROCA “MINUETO”



Ø  Busca colaboración da familia para formar unha parella ou  parellas e idea unha coreografía para este musicograma. Debes ter en conta que a melodía está en compás de 3 tempos. Cada compás de 3 tempos é un paso. Os rectángulos teñen unha duración de 8 pasos e os cadrados de 4 pasos, tendo en conta que o oitavo paso ou o cuarto cerran o movemento ( é dicir, xuntar pés ). Só tes que idear 4 movementos diferentes.
Atoparás a melodía do minueto no enlace. Consello: escoita varias veces a melodía seguindo o musicograma, facilitarache moito a comprensión da coreografía a idear. Non desesperes, ánimo. Só é unha proposta de traballo activa similar ás das anteriores avaliacións.
Envía o vídeo ao correo adxuntado ao final do documento.


( A melodía empeza aos 40 segundos . Podes poñer unha reproducción un pouco máis lenta (0,75) nas primeiras sesións).


TRABALLO EXTRA: PRÁCTICA INSTRUMENTAL. “ IMAGINE”

Ø  Deberíamos seguir practicando  a lectura melódica ( notas ) e seguir interpretando a melodía cun instrumento melódico ( frauta, teclado eléctrico ou incluso podes axudarte dunha aplicación gratuita de piano para interpretala ). Temos que entender que unha soa sesión non é suficiente para poder interpretala ben. Ánimo.


Para calquera dúbida contacta conmigo a través da dirección de correo electrónico musicacolexioeduardopondal@gmail.com

PROPOSTA DE TRABALLO DE MÚSICA 2º ESO VENRES 27/03



1ª SESIÓN:  INTERPRETACIÓN RÍTMICA:  ESCATUMBARARIBÉ

Ø  Practica cun vaso de plástico duro o ritmo. Se tes a oportunidade de estar acompañado, practica tamén o ritmo pasando o vaso.

https://www.youtube.com/watch?v=ft6Kg7S-LBE ( Escatumbararibé Lengala Lenga )

https://www.youtube.com/watch?v=n5Sqh9iMXCo ( Escatumbararibé paso a paso )

 2ª SESIÓN  INTERPRETACIÓN RITMO CORPORAL: BUM, SNAP, CLAP

Ø  Practica o ritmo a poder ser acompañado.


 TRABALLO EXTRA :  PRÁCTICA INSTRUMENTAL:  IN DREAMS. BSO EL SEÑOR DE LOS ANILLOS

Ø  Practica a lectura melódica (notas). Seguidamente interpreta a melodía cun instrumento melódico : frauta, teclado eléctrico ou incluso podes axudarte dunha aplicación gratuita de piano para interpretala.



Para calquera dúbida contacta conmigo a través da dirección de correo electrónico musicacolexioeduardopondal@gmail.com

martes, 17 de marzo de 2020

TRABALLO DE MÚSICA 3º ESO MÉRCORES 18/03/2020



1ª SESIÓN: PRACTICE ESSENTIAL RHYTHMS: BEETHOVEN'S 5TH SYMPHONY

  • Toca sobre un cubo , palmea ou percute sobre a mesa os ritmos que se mostren na pantalla. Practica primeiro as secuencias rítmicas que aparecen ao principio ( con axuda do audio e sen audio ) para facilitar a interpretación final.



2ª SESIÓN : PRÁCTICA INSTRUMENTAL. “ IMAGINE” 

  • Practica a lectura melódica ( notas e ritmo ). Seguidamente interpreta a melodía cun instrumento melódico : frauta, teclado eléctrico ou incluso podes axudarte dunha aplicación gratuita de piano para interpretala.


Para calquera dúbida contacta conmigo a través da dirección de correo electrónico musicacolexioeduardopondal@gmail.com