martes, 24 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO DE MÚSICA 3º ESO MÉRCORES 25/03



CREACIÓN DUNHA COREOGRAFÍA: 2 SESIÓNS: DANZA BARROCA “MINUETO”



Ø  Busca colaboración da familia para formar unha parella ou  parellas e idea unha coreografía para este musicograma. Debes ter en conta que a melodía está en compás de 3 tempos. Cada compás de 3 tempos é un paso. Os rectángulos teñen unha duración de 8 pasos e os cadrados de 4 pasos, tendo en conta que o oitavo paso ou o cuarto cerran o movemento ( é dicir, xuntar pés ). Só tes que idear 4 movementos diferentes.
Atoparás a melodía do minueto no enlace. Consello: escoita varias veces a melodía seguindo o musicograma, facilitarache moito a comprensión da coreografía a idear. Non desesperes, ánimo. Só é unha proposta de traballo activa similar ás das anteriores avaliacións.
Envía o vídeo ao correo adxuntado ao final do documento.


( A melodía empeza aos 40 segundos . Podes poñer unha reproducción un pouco máis lenta (0,75) nas primeiras sesións).


TRABALLO EXTRA: PRÁCTICA INSTRUMENTAL. “ IMAGINE”

Ø  Deberíamos seguir practicando  a lectura melódica ( notas ) e seguir interpretando a melodía cun instrumento melódico ( frauta, teclado eléctrico ou incluso podes axudarte dunha aplicación gratuita de piano para interpretala ). Temos que entender que unha soa sesión non é suficiente para poder interpretala ben. Ánimo.


Para calquera dúbida contacta conmigo a través da dirección de correo electrónico musicacolexioeduardopondal@gmail.com

2 comentarios:

  1. No puse fecha de entrega, pero comentarte que fue tarea de 2 semanas (4 sesiones) y esperaba empezar a recibirlos durante las vacaciones de Semana Santa. El baile era una propuesta para hacer de forma colectiva en casa. Puede ser que un poco complicada, más si lo hacéis solos pero ya hicimos actividades similares durante el curso en la primera y segunda evaluación. Intentadlo. ÁNIMO.

    ResponderBorrar