PERCUSIÓN
CORPORAL: RHONE
Ola chicos/as!!!
Esta semana
propoño que vos animedes a utilizar o corpo como instrumento de percusión e
realizar ritmos para acompañar unha peza musical.
No video que
aparece ao final da proposta vos amosan 4 ritmos diferenciados por cores e
presentados nun musicograma.
Ritmo 1- AMARELO
Ritmo 2- VERDE
Ritmo 3- AZUL
Ritmo 4- VERMELLO.
O meu consello é
que os practiquedes por separado, as veces que consideredes necesarias e cando
os controledes intentedes acompañar a peza completa, respetando o pulso da
música.
Esta tarefa vainos
ocupar o traballo de dúas semanas, polo que o venres 22/05/20 teredes que compartir
conmigo videos facendo a práctica.
Envialos ao correo
electrónico da alula de música:
ANIMÁDEVOS.
Preme na seguinte
ligazón para acceder ao video da proposta: